Nesta primeira entrega do ano, Carmen Díaz Simón, orientadora do IES Lucus Augusti, valora cando as familias e o alumnado deben acudir ao Departamento de Orientación. Pola súa banda, Mª Dolores González Piñeiro, orientadora do CEIP San Clemente de Caldas de Reis, ofrece estratexias para estimular a intelixencia emocional. Así mesmo, Lines Salgado achégase e formula interrogantes sobre os famosos centros plurilingües e as seccións bilingües, mentres que Gracia Santórum nos agasalla unha vez máis cunha boa presada de atractivos títulos literarios.
Clica na imaxe para ver a revista
Nenhum comentário:
Postar um comentário