domingo, 1 de novembro de 2015

A situación do Galego en 1968 visto dende Arxentina

 Tratase do bonaerense diaro EL CORREO DE GALICIA de Xuño de1968. 
Unha nova moi curiosa e clarificadora para algúns que aínda pensa que o galego non foi perseguido. 

segunda-feira, 26 de outubro de 2015

Material para traballar o Samaín

Se clicas na imaxe irás á un pdf con moitas fichas para traballar o Samaín.

Se queres ver máis: contos, xogos, vídeos, podes clicar na Etiqueta do Samaín do blog Ghafos da nosa escola

Ver por exemplo:  "A historia do Samaín"

Un resumo podes ver no artigo "Samaín 2014"

domingo, 4 de outubro de 2015

Rexeitamento da CGEDNL ó Premio da Cultura Galega 2015

 Premios da Cultura Galega 2015.

No apartado de Lingua, o premio concecido a CGEDNL foi rexeitado pola mesma pois considerouse  "unha incongruencia aceptalo de mans dun Goberno que ten actuado, por obra ou omisión, en contra de todos os principios que defendemos a prol dunha normalización efectiva da lingua galega".

sexta-feira, 26 de junho de 2015

domingo, 7 de junho de 2015

70 anos do Consello de Galiza. O goberno galego no exilio.

Xornada Atlántica - 2015

Vídeo resumo da Xornada Atlántica na praia de Lourido o venres 5 de xuño, "Día Mundial do Medio ".  Participaron da REGAU (Rede de Escolas Galegas Asociadas Unesco):   Facultade de Educación de Pontevedra, os IES Pedra da Auga, IES Pazo da Mercé, IES Seoane, os CEIPs, Manuel Vidal Portela, Cabanas, San Benito de Lérez, Isidora Riestra e  os CEP Marcos da Portela e  CEP Campolongo.

Ver fotos da Xornada

Artigos relacionados:





quarta-feira, 27 de maio de 2015

VI Edición de Xadrez na Rúa


A Praza de España será escenario o venres 29 de maio, dende 10:30 horas, dunha nova edición de 'Xadrez na Rúa', na que participarán os centros escolares de Campolongo, Manuel Vidal Portela, Xunqueira II ...
A nosa escola participará co alumnado de 5º , un total de 100 alumnos.

Ver nova na prensa

domingo, 26 de abril de 2015

domingo, 8 de fevereiro de 2015

Revista para as familias - "Ollos de Aula" - Nº- 19


Nesta primeira entrega do ano, Carmen Díaz Simón, orientadora do IES Lucus Augusti, valora cando as familias e o alumnado deben acudir ao Departamento de Orientación. Pola súa banda, Mª Dolores González Piñeiro, orientadora do CEIP San Clemente de Caldas de Reis, ofrece estratexias para estimular a intelixencia emocional. Así mesmo, Lines Salgado achégase e formula interrogantes sobre os famosos centros plurilingües e as seccións bilingües, mentres que Gracia Santórum nos agasalla unha vez máis cunha boa presada de atractivos títulos literarios.     

 Clica na imaxe para ver a revista

Aplicación para buscar sinónimos en galego na rede


quarta-feira, 21 de janeiro de 2015

Xogo da Paz


Puxa co rato na imaxe e comeza a xogar, logo vai clicando na palabra "Pregunta".