domingo, 12 de outubro de 2014

1ª Xuntanza de coordinadoras comarcais



Puntos salientables da xuntanza: 

- Lémbrase a todos a conveniencia de renovar as ADSCRICIÓN das persoas dos equipos, que aínda non o están, para poder recibir toda a información da Coordinadora, CGENDL, 

-  Comentouse a importancia de que a revista "Ollos de aula" chegase a todas as familias, profesorado...( se se pode mediante email, e se non se pode, fotocopia en branco e negro, son 2 folios polas 2 caras, pero vale a pena)   http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html e tamén se houbese polo menos un exemplar nun sitio ben visible do centro, expositor... para coñecela. 
Tamén se propuxo que se puidesen incluír nas mochilas viaxeiras que se envían á casa e se se vos ocorren outros xeitos de espallala, comentámolos xa que nos poden favorecer ao resto.

En canto á revista "a letra miúda",http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/index.php , sería interesante que chegase dixitalmente ao profesorado.

- Falouse de seguir difundindo os RECURSOS dos que dispón a Coordinadora, entre eles tamén o de Xogos Populares (Enredos) .  

 Séguese pedindo máis participación no PREMIO LEIXAPRÉN  (3º trimestre). Ver Premio Leixaprén 2013    -  Leixaprén 2014

- Están aí as XORNADAS:   A Coordinadora Galega de ENDL coorganiza xunto con Nova Escola Galega as VII Xornadas de Materiais e Recursos Didácticos: Experiencias e Recursos para a normalización lingüística,  (ver neste blogue)  que se van celebrar os días 24 e 25 de outubro na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela.Trátase dunha actividade que ten a homologación da Consellería de Educación por un total de 10h para as persoas asistentes. Á súa vez, quen teña interese en recibir a homologación de relatores deben matricularse no curso a través da páxina da Nova Escola Galega (acceso á inscrición). No caso dos/as docentes aos que non lles interese o título pero si mostrar materiais, só teñen que inscribir a experiencia pero non pagar a matrícula. Terán un xustificante de participación pero non será homologado pola Consellería. En calquera caso, debedes anotarvos antes do día 1 de outubro. Para inscribirse, tedes que cubrir o boletín de inscrición e enviar por correo-e a neg@mundo-r.com ou por correo postal a R/ das Hedras, 4-2ºO. 15895 Ames (A Coruña). Tamén por fax ao 981562577. Acompañarase a inscrición co xustificante bancario. Matrícula ata o 21 de outubro.

- Parece importante difundir ao máximo tamén O PORTAL DAS PALABRAS http://www.portaldaspalabras.gal/  

- Estase elaborando a campaña PRESUME DO GALEGO, onde de entrada falouse de gravar durante un minuto ós nenos galego-falantes (de entrada en audio). (Enviarase máis detalles cando saia)

Por suposto a CGEDNL está aberta a todas as colaboracións que se aporten.

Recursos prácticos para o inicio de curso  .  Ver calendarios   +  Asistencia ás Xornadas

Saúdos Normalizadores

Coordinador da Comarca de Pontevedra

Nenhum comentário:

Postar um comentário