sábado, 2 de março de 2013

Competencia Lingüística na escola




.....
É evidente que, á hora de elaborar un test de avaliación da competencia oral, se fai necesario ter en conta moitos aspectos e que, como demostran moitos investigadores, aínda existen lagoas e facetas non suficientemente examinadas como para poder afirmar que estamos en condicións de conseguir un instrumento válido e fiable para calquera circunstancia. Hai bastante coincidencia ao afirmar que a avaliación oral é unha das máis difíciles e custosas no campo da medición das competencias lingüísticas. De todos modos, cremos que se dan xa unha serie de bases e que, a partir das investigacións e o mellor da ampla experiencia no campo da avaliación da competencia oral, se pode falar de opcións eficaces para medir a linguaxe falada. Estas condicións descansan nos seguintes aspectos:
  • Debe ser un test cómodo, fácil de aplicar e económico.
  • Debe ser observable directamente ou a través de gravación, para poder ser examinado e reexaminado. Ao mesmo tempo, debe ser reproducible en calquera outra circunstancia e comparación.
  • Debe evitarse que os resultados estean influídos por aspectos alleos, como a memoria, a distracción e outros factores.
  • Debe minimizarse a influenza debida ao examinador, as preguntas, a orientación, asimetría, xénero, etc.
  • Debe ter unha perspectiva analítica, por un lado, con diversas facetas ou escalas da linguaxe que se contemplan na maioría dos tests de avaliación oral: vocabulario, fluidez, sintaxe, corrección, comprensión, etc. Por outra parte, ao igual que fan outros moitos tests, debe contar tamén cunha visión global, holística ou xeral, que permita a avaliación dunha soa impresión, por riba dalgúns detalles illados.
  • A competencia oral examinada debe ser facilmente categorizada e reflectida en niveis ou graos, que permitan interpretar os resultados desde un mínimo ata un máximo. Xeralmente estas categorías teñen número par, catro u seis, co fin de evitar erros de puntuación de tendencia central.
  • Debe superar as probas de fiabilidade, conforme ás pautas de Crombach ou outras.
  • Debe contar con garantías de validez, para o cal débese recorrer ao traballo de expertos en avaliación da linguaxe oral. Parece recomendable utilizar a valoración de dous xuíces distintos por cada examinado.

Nenhum comentário:

Postar um comentário