sábado, 22 de junho de 2013

Premio Leixaprén 2012-13

























Este  21 de xuño, inicio do verán, e remate do curso 2012-13, tivemos o honor de facer a entrega do Premio Leixaprén que outorga  a  CGEDNL. Este ano o galardón concedeuse no ámbito deportivo e o gañador foi o triatleta Javier Gómez Noya.   Despois de ler unha pequena presentación do premio, recolleron  o agasallo o seu adestrador asturiano Omar González e  a representante da Federación Galega de Triatlon, Alba Cuba.

O  galano concedido foi un cadro alegórico donado polo  artista galego "Alvaro Negro"   (ver páxina web)
Nós na escola, aproveitamos o día tamén para entregar outros premios de ámbito deportivo e facer uns xogos, un deles,  " O xogo da Carrasquiña" , fíxémolo despois do acto , en honor a Javier Gómez Noya.  "Ver o xogo  ". (Este que aquí vedes foi gravado no Magosto). Rematouse esta pequena homenaxe  pedíndolle ó seu adestrador e a representante da Federación, que todos os nen@s de Campolongo esperamos unha visita deste campión galego cando teña un mellor calendario que faga posible unha escapada ó noso centro. Agora mesmo atópase en Manzaneda, preparándose na montaña para a próxima proba internacional que será en Austria.

Artigo relacionado:  O CEIP Campolongo entregará o Premio Leixaprén...

domingo, 9 de junho de 2013

Premio Leixaprén para o triatleta Javier Gómez Noya



O Premio Leixaprén, de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, centrouse na súa edición de 2013 no ámbito deportivo, que constitúe unha das manifestacións sociais máis recoñecidas e influíntes hoxe en día na conformación de modelos de comportamento social, nomeadamente entre a mocidade.

O triatleta Javier Gómez Noya ( gañador desta edición),  de enorme prestixio mundial e un dos maiores referentes do deporte galego na actualidade, resultou ser o deportista máis votado polos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino polo uso cotián que fai da lingua galega.

O ciclista Gustavo César Veloso, a adestradora Pilar Neira Martínez e a futbolista  Verónica Boquete completaron o elenco de candidaturas propostas polo comité de selección do Premio Leixaprén

O Premio Leixaprén,  da CGEDNL,  será entregado no CEIP Campolongo o día 21 deste mes, xuño, ás 12:00 h, despois de xogar e correr na Festa de Fin de Curso.

segunda-feira, 6 de maio de 2013

Maios 2013 na Ferraría de Pontevedra



No vídeo de arriba podes ver a actuación de todos os maios que actuaron na Ferraría de Pontevedra, no 1º de Maio do curso 2012-13



Arriba, pequeno vídeo-resumo da elaboración do Maio do CEIP Campolongo con fotos  e coa música "Ahi ven o maio" do Maio do curso 2012-13, onde se acadou ou 1º Premio en Interpretación e o 2º Coplas (letra).

Debaixo, vídeo do CEIP Campolongo cantando as coplas na escola.

domingo, 24 de março de 2013

Lanzamento dos Poemas do Mundo

"Site" principal dos Poemas do Mundo (World Poems)

Cronograma do vídeo youtube

Vídeo

Mentres por este lares, no CEIP Campolongo,  estabamos con Certame da Camelia, o xoves21 de marzo (quinta feira), na Escola Árvore de Porto -Portugal fíxose o lanzamento do proxecto "Coñecer REDE PEA UNESCO a través de Poemas do Mundo" , onde o noso centro está moi implicado na colaboración e elaboración de poemas. Somos os administradores e colaboradores do blogue Yogote-Lusofonía,  que ben sendo  a plataforma de convivencia (aclaracións, probas, axudas ....) para  para todos os mestres do mundo lusófono (Galiza, Brasil, Portugal, Madeira, Angola, Cabo Verde ...)

O  "Evento 1" foi gravado en directo (sistema hangout) en youtube e realmente comeza no minuto 68 (01:08:10 h)  deste vídeo  (VER CRONOGRAMA),  pois houbo retraso e a cámara estivo gravando  igualmente por estar programado o evento para unha hora antes. Despois da presentación dos distintos representantes das Escolas Asociadas Unesco de España e Portugal e do representante da Xunta de Galicia, o Delegando Territorial de Pontevedra,  recitaron  e cantaron  algúns poemas no código de signos internacionais (Yogote) o alumnado de diferentes centros educativos  particantes  e rematou o evento  coa  presentación da páxina web ou o  Site Principal dos Poemas do Mundo (World Poems).  Neste "site" pódense buscar todos os diferentes poemas de varios xeitos, un deles, moi práctico,  por exemplo é o da etiqueta  "Countries" (por paises).  Como a web principal está en inglés, por ser un proxecto internacional, se buscamos "Spain" iremos a un site onde aparecen diferentes paises de lingua hispana (de momento Andorra, Cuba e España), onde logo dentro de España aparecen as diferentes comunidades autónomas. E logo, clicando en Galicia aparecen as escolas galegas que estamos a partipar cos seus poemas. Recordamos que este  proxecto está na Fase nº 1., A Fase 2ª  será na primeira semana de Xullo, fora do calendario lectivo escolar,  no Congreso que se fai anualmente de Rede de Escolas Asociadas  UNESCO, este ano será en Alicante.

segunda-feira, 4 de março de 2013

Ollos de aula - Nº 5


Entre outras novas, temos:

 - Como reacionar ante os suspensos? 
- 5 Claves para entender o plurilingüísmo- 
- Aprobar ou aprender. 
- Canto galego saben os nosos fillos/as?