Mostrando postagens com marcador Celebracións. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Celebracións. Mostrar todas as postagens

segunda-feira, 26 de outubro de 2015

Material para traballar o Samaín

Se clicas na imaxe irás á un pdf con moitas fichas para traballar o Samaín.

Se queres ver máis: contos, xogos, vídeos, podes clicar na Etiqueta do Samaín do blog Ghafos da nosa escola

Ver por exemplo:  "A historia do Samaín"

Un resumo podes ver no artigo "Samaín 2014"

domingo, 7 de junho de 2015

Xornada Atlántica - 2015

Vídeo resumo da Xornada Atlántica na praia de Lourido o venres 5 de xuño, "Día Mundial do Medio ".  Participaron da REGAU (Rede de Escolas Galegas Asociadas Unesco):   Facultade de Educación de Pontevedra, os IES Pedra da Auga, IES Pazo da Mercé, IES Seoane, os CEIPs, Manuel Vidal Portela, Cabanas, San Benito de Lérez, Isidora Riestra e  os CEP Marcos da Portela e  CEP Campolongo.

Ver fotos da Xornada

Artigos relacionados:





quarta-feira, 21 de janeiro de 2015

Xogo da Paz


Puxa co rato na imaxe e comeza a xogar, logo vai clicando na palabra "Pregunta".

domingo, 14 de dezembro de 2014

O Apalpador

Aquí temos o Apalpador do CEP Campolongo.  Se queres saber máis sobre este persoeiro podes:

Ler o conto

Escoitalo 

Velo en Pictogramas

Ver a súa páxina  web 

Máis na Etiqueta de  "GHAFOS"


Recorda que os consellos do Apalpador sobre os xoguetes. A poder ser: 

1: Non merques, faino.

2. Todos somos artistas

3. Reutiliza

segunda-feira, 6 de maio de 2013

Maios 2013 na Ferraría de Pontevedra



No vídeo de arriba podes ver a actuación de todos os maios que actuaron na Ferraría de Pontevedra, no 1º de Maio do curso 2012-13



Arriba, pequeno vídeo-resumo da elaboración do Maio do CEIP Campolongo con fotos  e coa música "Ahi ven o maio" do Maio do curso 2012-13, onde se acadou ou 1º Premio en Interpretación e o 2º Coplas (letra).

Debaixo, vídeo do CEIP Campolongo cantando as coplas na escola.

domingo, 3 de março de 2013

Máquinas do CEIP Campolongo


Xa temos algunhas máquinas metedas no blogue de normalización do centro. O libro das mesmas está no Pazo da Cultura de Pontevedra, na exposición con todos as demais escolas participantes.

sábado, 2 de março de 2013

A toda máquina no Salón do Libro de Pontevedra

 

Comeza a Edición 2013 do Salón do Libro. Este ano leva por título "A toda máquina". Inventar, crear, investigar, soñar, experimentar, construír… proxectar as ideas é facelas realidade no XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2013 de Pontevedra.

quinta-feira, 21 de fevereiro de 2013

Día Internacional da Lingua Materna


O Día Internacional da Lingua Materna (21 de febreiro), instituído pola Unesco no ano 1999, convídanos a contemplar a diversidade lingüística humana coma unha vantaxe que contribúe tanto á riqueza cultural coma ao desenvolvemento dos pobos.

Esta visión tan axeitada e actual contrasta coa tradicional desconfianza que, dende os tempos bíblicos e o mito de Babel, presenta os idiomas como impedimentos para o entendemento entre persoas e comunidades. Mais, paradoxalmente, as linguas non só son os instrumentos de comunicación humana por excelencia, senón tamén os alicerces sobre os que construímos as nosas identidades, tanto individuais coma colectivas.

O lema elixido este ano pola UNESCO para a conmemoración do 21 de febreiro foi “O libro, eixe da educación en lingua materna”. Deste xeito, quérese chamar a atención sobre a importancia do material escrito e lembrar que o apoio ás linguas maternas consiste tamén en promover a produción de libros –incluídos os materiais escolares e as publicacións en formato dixital- nos idiomas locais.

sexta-feira, 1 de fevereiro de 2013