domingo, 14 de dezembro de 2014

Libros para agasallar este Nadal

Libros recomendados dende algúns dos equipos de Dinamización e Normalización Lingüística Galegos para agasallar neste Nadal .  Clica na imaxe para ver os de primaria.

Ver os de infantil

Ver para Secundaria

domingo, 7 de dezembro de 2014

quarta-feira, 15 de outubro de 2014

Dalle a lingua con Onda Cero Radio e o Concello de Pontevedra

Máis de 100 alumnos da nosa escola  participaron hoxe no programa "Dalle a Lingua" de Onda Cero Radio,  patrocinado pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

 A estructura do programa  comezou  cos xogos de sortes que son aquelas letras con rima que se utilizan para escoller nos xogos dos rapaces,  e rematous con frases da campaña de oralidade do curso anterior (13-14).  E no medio deles foron tamén os seguintes temas:
- Árbores do parque de  Campolongo
- Herbas aromáticas e mediciñais
- Aves galegas en perigo de extinción
- Receitas con froitos ou produtos  da horta galega

As emisións de radio que grabamos hoxe serán  emitidas do 20 ao 31 deste mes de outubro (de luns a venres) en ONDA CERO radio. 
Frecuencia: 103.6 FM 

Ás  11:55 h   da mañá.

Clica na imaxe para ver as fotos.

NOTA. Unha vez emitidos os programas mandarán a ligazón dos audios para poder escoitalos en calquera momento.

VII Xornadas de materiales e recursos educativos


Máis información (incluído o boletín de inscripción)

domingo, 12 de outubro de 2014

ENTREGA DO PREMIO LEIXAPRÉN 2014 NO IES FÉLIX MURIEL


Ver o premio na páxina da CGEDNL

 Ver o premio 2013 (Gómez Noya)

1ª Xuntanza de coordinadoras comarcais



Puntos salientables da xuntanza: 

- Lémbrase a todos a conveniencia de renovar as ADSCRICIÓN das persoas dos equipos, que aínda non o están, para poder recibir toda a información da Coordinadora, CGENDL, 

-  Comentouse a importancia de que a revista "Ollos de aula" chegase a todas as familias, profesorado...( se se pode mediante email, e se non se pode, fotocopia en branco e negro, son 2 folios polas 2 caras, pero vale a pena)   http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=ollosdeaula/ollosdeaula.html e tamén se houbese polo menos un exemplar nun sitio ben visible do centro, expositor... para coñecela. 
Tamén se propuxo que se puidesen incluír nas mochilas viaxeiras que se envían á casa e se se vos ocorren outros xeitos de espallala, comentámolos xa que nos poden favorecer ao resto.

En canto á revista "a letra miúda",http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/index.php , sería interesante que chegase dixitalmente ao profesorado.

- Falouse de seguir difundindo os RECURSOS dos que dispón a Coordinadora, entre eles tamén o de Xogos Populares (Enredos) .  

 Séguese pedindo máis participación no PREMIO LEIXAPRÉN  (3º trimestre). Ver Premio Leixaprén 2013    -  Leixaprén 2014

- Están aí as XORNADAS:   A Coordinadora Galega de ENDL coorganiza xunto con Nova Escola Galega as VII Xornadas de Materiais e Recursos Didácticos: Experiencias e Recursos para a normalización lingüística,  (ver neste blogue)  que se van celebrar os días 24 e 25 de outubro na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela.Trátase dunha actividade que ten a homologación da Consellería de Educación por un total de 10h para as persoas asistentes. Á súa vez, quen teña interese en recibir a homologación de relatores deben matricularse no curso a través da páxina da Nova Escola Galega (acceso á inscrición). No caso dos/as docentes aos que non lles interese o título pero si mostrar materiais, só teñen que inscribir a experiencia pero non pagar a matrícula. Terán un xustificante de participación pero non será homologado pola Consellería. En calquera caso, debedes anotarvos antes do día 1 de outubro. Para inscribirse, tedes que cubrir o boletín de inscrición e enviar por correo-e a neg@mundo-r.com ou por correo postal a R/ das Hedras, 4-2ºO. 15895 Ames (A Coruña). Tamén por fax ao 981562577. Acompañarase a inscrición co xustificante bancario. Matrícula ata o 21 de outubro.

- Parece importante difundir ao máximo tamén O PORTAL DAS PALABRAS http://www.portaldaspalabras.gal/  

- Estase elaborando a campaña PRESUME DO GALEGO, onde de entrada falouse de gravar durante un minuto ós nenos galego-falantes (de entrada en audio). (Enviarase máis detalles cando saia)

Por suposto a CGEDNL está aberta a todas as colaboracións que se aporten.

Recursos prácticos para o inicio de curso  .  Ver calendarios   +  Asistencia ás Xornadas

Saúdos Normalizadores

Coordinador da Comarca de Pontevedra